13-4-2011

no centro do mundo

alguns pobos e algunhas cidades
sentironse estar no centro do mundo
cun presente cun mitico e rico pasado
cun posible esperanzador e longo futuro

algunhas culturas e linguas camiñaron
recreando o seu mundo con obras
ricas fermosas grandes desafiantes
unhas con razon de ser e outras tolas



a amarga e traxica historia que se repete
dominar o medio dominar outros pobos
coas armas cos cartos coas ideas
dominar e dominados por uns tolos

estas illas esta pequena cultura
no centro do seu querido mundo
que aí segue a estragar e destruir
este pequeno pobo con dificil futuro

cantos centros do mundo
e cantos pobos
e unha soa terra un so mar
e un so globo