16-3-2021

esa batalla de madri


esa batalla de madrí 
seica empezóu co voo
dunha volvoreta en murcia...

esa batalla de madrí
comunismo o libertad
di esa candidata facha
como no nodo do franquismo
pero as errejonas e os pablemos
pouco pasan de socialdemócratas

votaráse nos colexios públicos
e noutros espacios de papá estado
pero tamén habería que poñer
as necesarias e xustas urnas
detrás dos muros dos cimeterios
dos republicanos asasinados
e nas cunetas das desaparecidas
para subir un pouco o nivel
da liberdade e da democracia