26-11-2017

feminismo para vivir

 


a manada somos nós
berran e cantan as compas
desta ría até vinaroz 
de extremadura a nafarroa

a complicidade institucional
é violencia criminal
e o palco que fixeron ben

en ocupar as compas
puxoo a institución viguesa
para a patética inauguración
do noxento alumeado da machista
celebración navideña-consumista
e pagámolo todas nós sen querelo

feminismo para non morrer

non é un caso aillado é o patriarcado
o machismo é unha enfermidade
de transmision social

non son mortes son asasinatos
xuices machistas fora dos xulgados

o machismo é o terrorismo

non estamos todas faltan as mortas
feminismo para vivir...
e moitas mais verdades

e consignas

a manada somos nós
berran e cantan as compas
desta ría até vinarós 
de extremadura a nafarroa...

o cronista