12-3-2017

fios fora malas costuras

 


nos pequenos talleres
e nas casas das costureiras
que para eses talleres traballan
de regojo a zara-inditex fíos fóra

de redondela a marrocos
e de arteixo a bangladesh
fíos fóra e fóra explotación
fíos fóra e fóra marcharon os fíos
cosidos por cada vez menos céntimos
por cada vez máis sangue

nas páxinas de economía
no textil hai que ler entre liñas
hai que ler entre os focos das pasarelas
e ler entre as etiquetas e a publicidade

ler entre os espachos e as despachadas
e ler sobre todo entre os fíos

fíos fóra historias de obreiras
entre costuras e patróns
documental de illa bufarda
que por fin vin onte o día despois
do día da clase obreira galega
tres días despois do chamado
día da muller traballadora

o fillo dunha costureira
que eventualmente na casa
tamén sacaba eses tristes fíos