11-2-2016

(a) funcion dos titeres

 

 

terceira chamada

ábrese o telón

saen os títeres

empeza a función

 

os monicreques actúan na rúa

para quen libremente pase por ela

e logo van pasar a gorra

 

titulares da prensa dos últimos anos

españa ten un goberno títere de alemania

el gobierno del pp es un titere de la banka

...

 

expresión da nosa cultura popular

non queda títere con (sin) cabeza

 

hai mui poucos titiriteiros funcion-arios

pero hai moitos funcion-arios títeres

 

cando alguén di que a xustiza

está separada do goberno

parece un títere

 

a sátira dos títeres é un arma

pacifista cargada de futuro

 

no teatro no humor nos títeres...

é onde algunhas veces

a censura menos pecha a man

mesmo nas sanguinarias dictaduras

pero con este goberno

do pp en funcións agora …

ahora madrid

la bruja y don cristobal

títeres desde abajo


todas somos titiriteiros