17-3-2017

grupo de apoio sesé

 


vou pra unha nova xuntanza

entre teis e chapela logo do solpor
no vitrasa pola estrada de arriba
e as luces desta beira da ría
acompáñanme en silencio
as luces da outra beira
avanzan cara as bateas
difuminadas na auga
o día despois do 8 de marzo

pasóu unha semana
e dúas xuntanzas máis
unha en chapela pero logo
tivémonos que mudar pra teis
lembro o noso grupo de apoio
ás indíxenas magonistas?
e as pláticas que organizache
no instituto onde ían os teus
e agora temos un grupo
de apoio a túa familia
e fixemos uns bonos chikitos
que imos vendendo nós mesmos
e tamén están en lokais amigos
varios nos que ti parabas

e facémolo porque non queda outra
porque os cómplices das institucións
tiveron algunhas boas palabras
contra feminicidio e terrorismo
pero aínda non puxeron na mesa
os medios e os cartos que teñen
e que estragan e que son nosos

e dos diarios que che conto

utilizando ao grupo e vendendo

machismo cada día


chegóume agora un correo do grupo

e outro dunha amiga nosa...

manolo pipas