08-3-2010

8 de marzo

hoxe luns é o teu dia
as vintecatro horas do ano
que din que son vosas
como outros estraños dias e anos
que o poder presta a alguns colectivos
para que molesten algo menos

que vas facer amiga de naufraxios
vas a ir a mani con festa e accion
con panfletos e pancarta
con berros consignas e soños
ou pensas ficar na casa
a coidar os teus bonsais
e debuxar novos versos

estraño este mundo
que recortan os poderosos
co contrario sentimento
o que ti pos cada vez
que podas esas arbores

oito de marzo
como unha unha pequena casa
oito de marzo
18 28 38 48 58 .... de marzo
todo marzo dia oito
todo o ano mes de marzo

manolo pipas