11-10-2015

mulleres valentes

 


Mulleres valentes, que amosan os dentes

a aqueles que maten en nome de reises.

Mutilan o sexo en nome de deuses,

mercan con mentiras o que elas non venden.

 

Mulleres valentes que apretan os dentes.

Loitan na súa vida contra a tiranía

Na praza de maio pedindo xustiza,

berrando un poema un oito de marzo.

 

Muller e galega, dobre compromiso

Tirémos a saia, rachemos o viso

e nunca vencidas virémoslle a cara

a aquel que nos nega a terra e a fala

 

Mulleres valentes, que amoran os dentes

a aqueles que queren negalas por sempre.

Na forza do vento coa calor do lume

de todo semente, muller e muller

 

rosa hervella

 

poema musicado por luis correa

e cantado onte en castrelos

no serán da caravana feminista