23-11-2015

o calzado de 55 mulleres

 

 

entre as flores o calzado

de cincoentecinco mulleres

zapatillas de casa e sandalias

chanclas de ducha e deportivos

zapatos de tacón botas campeiras...

 

o calzado de rosa laura rosario

concepcion felicidade davinia

eva isabel francisca dolores...

coas que elas debían vivir

camiñar traballar xogar...

 

o calzado de rosario

e rosa entre outras flores!

era feliz felicidade?

canto sofríu dolores?

 

o calzado de 55 mulleres

que xa non poden camiñar

que xa non se van calzar nunca máis

 

na porta do sol kilómetro cero

do feminicidio da violencia

machista na inxusta cidade de vigo

e o calzado das 55 mulleres

asasinadas no estado español

e aquí á beira o concello xa está

a preparar a base da súa hipócrita

e agresiva árbore de nadal

 

25 de novembro día internacional

contra a violencia de xénero

manifestación as 8 na farola de urzaiz

 

o cronista