02-11-2015

siluetas de mulleres

 


ningunha agresión sen resposta

sen denuncia sen xustiza...

 

as siluetas dunhas mulleres

asasinadas están debuxadas

co seu nome e data no chan

e varias compas feministas

deitanse no chan desta cidade

tan manchada de sangue

e outras compas debuxan

as siluetas dos seus corpos

para que no chan logo quede

a súa tráxica memoria

 

conchi non está aquí

porque foi asasinada

este e outros nomes escribiu

a plataforma feminista galega

nos papeis que acompañan os corpos

unha parte delas e de todas nós

morréu con esas mulleres

 

a cativa que se cadra

está aprendendo a ler

na faixa non atopa un conto

que da coa dura realidade

 

esta visualización

do terrorismo machista

é a nosa pequena resposta

 

manolo pipas