28-6-2017

javierin de redondela

 


que serio está javierín
dos títeres un persoaxe
fáltalle o gorro nesta foto
se cadra merece unhas rimas
dos maios ou do entroido

javierín de redondela
normalmente non é tan serio
co seu sorriso de pasta-de-dentes
como un persoaxe dos títeres
os seus ollos saltóns os mofletes …

populista javierín de redondela
o choco a coca o millo e vinho verde
javierín e huevón chamábanlle a javier
os seus compañeiros de colexio!
serían malos ou o malo era e é el ?

javierín bas de redondela
co mesmo carné este bas
que barberá bárcenas e baltar
e un dia púxose detrás da faixa

rexeitando a violencia

contra a muller
e logo o javierín

non fixo case nada

o cronista