17-8-2020

leonor sen os contos do avó


coitada nena coitada
xa non ten ao seu avó
contándolle as historietas
de mortadelo e filemón
da banda de alí babá
e os corenta ladróns
infantas con deportistas
e príncipes con dragóns
de nobres e bandoleiros
do tempo de napoleón
coitada esta nena loira
sen os contos do señor
coas súas xestas africanas
cando  era  cazador
e cos mares conquistados
co elcano e co bribón

de palacio en palacete
coitada neta leonor
sen o seu avó querido
que se perdéu cun avión
en que país non se sabe
non se sabe en que mansión
trece días ya perdido
que llamen a lobatón
tendrá frío el abuelito
pasará mucha calor?
fáltalles  o  patriarca
o máis grande dos borbóns
pra contarlles batallittas
da franquista transición
cos seus compinches suárez
fraga  felipe  e  pujol

leonor que coitadiña
fáltalle o avó juancar
cos relatos de princesas
e piratas de ultramar
de marbella a melilla
de estoril a gibraltar
de sanxenxo ao caribe
de mallorca a dubái...
seica teñen pouca chicha
os contos do seu papá
que xogue a polis e cacos
cos seus queridos curmáns
cos pillos urdangarinos
e o campechano froilán

coitadiña a leonor
sen os contos do avó

manolo pipas