22-3-2018

mais vigo insolidario

 


a veciñanza de chapela
aldea de redondela pegada a vigo
e mais perto de nós que dos choqueiros
achegouse a praza do concello vigués
para protestar por ser excluida
da rebaixa do transporte urbano
privado subencionado de uso público
e a reposta do goberno municipal
foi poñer a cinco camions de bombeiros
a facer maniobras dentro da praza
estragando os nosos cartos

escoitei aos portavoces d@s veciñ@s
comparar ao gobernante municipal
co seu mestre odiado-amado
ex-alcalde da coruña paco vázquez
e falar de localismo e enanismo
e adicarlle outras palabras
ao pp-feijóo mentres camiñaban

cara o edificio da xunta


ke carallo pasa
que nos botan do vitrasa
o concello de vigo e a xunta
é unha desfeita conxunta

ou algo así berraban

ese vigometropolitano !?
é un vigo insolidario

o cronista