20-9-2016

a marea e o encoro

 

 

estrañas mareas na meseta

estrañas as augas e as illas

piratas corsarios furtivos...

 

a escritora marta rivera de la cruz

ben coñecida coma antigaleguista

do partido de ciudadanos

e prima ou non do señorito rivera

preside a comisión de cultura

do chamado congreso español

cos galaicos votos de en marea

e o poeta da nova fernán-vello

é o seu fidel secretario

menuda comedia

 

esa brava marea atlántica-cantábrica

parece que so é unha pequena onda

perdida nun noxento encoro da meseta

 

o cronista