25-9-2016

as mesas e as persoas

 


na mesa electoral

onde deixei o meu voto

había tres mulleres

e outras tres en cada unha

das mesas da miña esquerda


a presidenta da mesa

falóume na miña lingua

e ela levaba os seus cabelos

tapados por un pano musulmán

e algo dixo do poder das mulleres

pero non falamos de relixión

 

o policía local que estaba

entre o colexio e o barco

miroume mui raro

 

o rotondiano