14-3-2017

mural feminista



son cinco caras
que comparten ollos
continentes irmanados

cambia a cor das caras
pero todos os ollos son negros
e todos os beizos brancos
as frontes e os narices violetas
e unha soa melena marchando

cinco mulleres que non se venden
e comparten ollar e camiñar


na rúa pi y margall vigo

adaptación das tres mulleres

de rini templeton a obreira

a labrega a estudante