30-6-2011

cantiga polo animalista presa


estaba eu na concentracion de vigo

ai pedindo a liberdade do meu amigo
que no penal de teixeiro está preso
que no penal de teixeiro está preso

estaba eu no marco na concentracion
pedindo do meu amigo a absolucion
que sen razón en teixeiro segue preso
que sen razón en teixeiro segue preso

ai pedindo a liberdade da miña amiga
estaba eu xa facendo esta cantiga
contra os opresores muros de teixeiro
contra os opresores muros de teixeiro

ai da amiga e amigo a absolucion esixindo
doenme as rimas e será duro o camiño
ate sacalas a todas da prision de teixeiro
ate sacalos a todos da prision de teixeiro

manolo pipas

onte na porta da cova dos ratos
xa lle puiden dar unha aperta a afro
e dentro as computadoras dxs compas
botaron fume toda a noite

concentracion e documental este venres
na acampada do concello as oito e media
e o luns concentracion  no marco
as oito