14-8-2020

a nena sen os contos do avó 1


coitada a nena coitada
xa non ten ao seu avó
contándolle as historietas
de mortadelo e filemón
da banda de alí babá
cos seus corenta ladróns
infantas con deportistas
e príncipes con dragóns
de nobres e bandoleiros
do tempo de napoleón
e lendas dos sere mares
do elcano e do azor

coitada esta nena loira
sen os contos do señor
coas súas xestas africanas
cando  era  cazador...
coitada suspira a neta
sen o seu querido avó
que contan que se perdeu
que se perdéu cun avión
en que país non se sabe
non se sabe en que misión

trece días ya perdido

que llamen a lobatón

tendrá frío el abuelito
pasará mucho calor?

continuará