09-8-2010

a cidade e o lixo

as sete da mañan do sabado
camiño a gran cidade na que pasei
noite de volta das montañas
e darredor da chamada porta do sol
todas as ruas apestan a mexo
e hai lixo por todas partes

os sen teito dormen onde poden
rodeados de caixas de carton
e nos bancos dormitan os sen sentido
os borrachos de fin de semana
e non hai barrendeiros que poidan
retirar tanto lixo

unha parella discute con cervexas na man
unha muller discute polo movil
con alguen que está do outro lado
e paso a beira da rua dos desamparados
e preguntome de que lado estou eu
perto da chamada porta do sol
da antes chamada medina de majerit
hai unha estatua de metal dun barrendeiro
que traballa mañan tarde e noite sen parar
pero non pode con tanto lixo

cidade de madrid
mencer voltando das montañas