06-5-2013

do outro primeiro de maio




o primeiro de maio coa sua festa

e coas suas procesións xa non serve
nen a data nen a memoria desa fabrica
nesa patética cidade gringa
onde pasou o que segue a pasar
a cada rato en todo o mundo

o primeiro de maio xa non serve
mentres siga valendo mais un morto
do chamado primeiro mundo
que centos de mortos do terceiro mundo

500 traballadores mortos 
2.300 feridos e ducias de desaparecidos
nunha fabrica de bangladesh
e non pasa nada non facemos nada

outras 500 persoas mortas no terceiro mundo
para que nos merquemos uns trapos baratos
e foi moito máis que unha traxedia
foi un delito dos empresarios e dos gobernantes
e nós somos complices

na imaxe movilizacions de repulsa
dos traballadores do textil de bangladesh

o cronista