06-5-2011

guerra sucia


leo a expresion guerra sucia

nunha entrevista sobre a dictadura
argentina no mil novecentos setentesis
pero pudera ser noutros lugares e anos
leo sobre a chamada guerra sucia
pero se todas as guerras son sucias
e tampouco se pode falar de guerras xustas
e poucas cousas hai mais sucias que a guerra

leo sobre os grupos de tarea
e a tarea foi desaparecer a miles de persoas
e os recen nacidos entregalos aos asasinos
das suas nais e pais e a outros complices

leo sobre os avós e avoas que buscaron
aos seus netos que descoñecian quen eran
e logo foron outros nenos que buscaron
aos seus avos e a memoria das suas nais e pais

si poeta e sobrevivinte juan gelman
cada uno tiene que asumir
su responsabilidad en la derrota