18-1-2014

noutra terra




outro aeroporto

outra terra outro mar
outras nubes outros meridianos 
vai calor e ti tremas
cando baixas do avión
e sobes outro escalon da vida
as maletas pechadas
polas chaves das feridas
que pode ou non curar o tempo

levas nas maletas grandes
roupas libros cadros e discos
e instrumentos que non darás afinado
e na pequena a tua biografía
en papeis orixinais e copias
axendas fotos e cartas
e documentos con estúpidos cuños

outra cidade outra carretera
e outro semáforo que che fai parar
e logo di que pases
pero se cadra agora non queres

outro barrio outr@ veciñ@s
outra casa outros cuartos
outros sorrisos outras penas
outro complicado equilibrio
e as mesmas maletas
que coas chaves das lembranzas
ti non podes abrir
    
prova coas chaves da utopía

manolo pipas