12-6-2010

as patadas do mundial

un novo mundial de futbol
o chamado futbol mundial
o novo circo romano
o mellor remedio para a crise
o mundo do balompé
o balón redondo como o mundo
e vintedous  corpos a darlle patadas
e moitos miles pagando por velos

o xogo da pelota
e de moitas pelotas xogo
o ataque e a defensa
unha batalla cada partido
o mundial como unha guerra
e cecais gañe o que de mais patadas

e xa foron roubados uns periodistas
e recomendase non sairse
dos lugares recomendados
e asi tampouco coñecerán o pais real
e as patadas que da a miseria

o primeiro mundial en africa
e din que a pelota é negra
pero non os que mandan nela
dandonos as mais grandes patadas
no mundo a 12 de xuño