28-12-2014

20 festas e rotondiano belén

 


festas da alma e do corpo

nadal fin de ano e reis

grandes festas do consumo

luces árbores beléns

seguen aumentando os pobres

máis represivas as leis

 

algún quería mandarnos

de regalo de nadal

un barco nunha rotonda

mais non soubo navegar

mala era a tripulación

e peor o capitán

 

rotondianos compañeiros

cristiáns de base de coia

un actual belén fixeron

con esta cabrona obra

e as consignas da asamblea

da nosa amada rotonda

 

o cronista de coia