26-3-2015

coruña mexico coia

 


entre a estación de tren da coruña

e a facultade de educación

onde tiña a mexica palestra

pasamos por unha rotonda

cun secuestrado pequeno barco

a extravagancia de paco vázquez

que inspirou ao seu alunno abel

 

na plática do golpeado mexico

o terrorismo de estado cos narcos

e as eólicas de capital español

contra os movimentos sociais

e coa desobediencia civil

as intervencions dos estudantes

lévannos ao terreo lokal

e chegamos a insubmisión

e a loita da rotonda de coia

mentres vos a mesma hora

xogábades coa policía

e facíades unha sentada

parando o asfaltado