18-3-2015

os xuizos e o teatro

 

 

a xustiza ten unhas formas teatrais

as roupas o xeito de falar e escribir …

su señoría diligencia señor letrato...

sospeitosas as letras que empregan

 

a xustiza é teatro

o cómico das declaracións

e a traxedia das condeas

a xustiza como o teatro que imita

moitas veces é pura mentira

 

no xulgado de vigo a declaración

de diego traballador social e rotondiano

traballo e voluntariado altamente perigosos

un acusado con delitos inventados

 

que fagan un xuizo popular

nun parque da barriada de coia

que se xulgue a empresa civis global

que declare a ultraxada rotonda

que xulguen ao alcalde e ao psoe

e a violencia e as mentiras da policía

e que xulguen a toda a asemblea

e que declare o secuestrado barco

 

o cronistadecoia