21-4-2015

a sobreira e a rotonda

 

 

temos no barrio de coia

unha árbore solitaria

non se sabe como foi

que ela chegóu á mediana

 

ollando para a rotonda

solitaria unha sobreira

entre carros i edificios

bota en falla ás compañeiras

 

sobreira tan solitaria

ela rodeada de asfalto

de compañeiro non quere

ese secuestrado barco

 

o alfageme tapa a vista

do querido monte alba

o barco mellor no mar

soltémoslle xa as amarras

 

e pregúntase a sobreira

neste tempo de eleccións

onde andan os rotondianos

que deron tantas leccións?

 

o cronistadecoia