16-1-2018

o vigo que non sorri



o vigo que non sorrí
non tedes que buscalo
mui lonxe das vosas casas
o vigo que non sorrí
está en case todas as rúas
desta inxusta cidade

o vigo que non sorrí
das excluidas e golpeados
está ignorado polos gobernantes
e por iso a exposición

de fotos de aaron diez
acercouse a tamén ignorada
acampada contra a pobreza

na mesma praza do cortello
pero o vigo que non sorrí
foi represaliado polos goas
os matóns do alcaldísimo
retiraron a exposición
porque non tiña permiso
e agora agarda nunha tenda
futuros acontecimentos

que é longo o camiño

os represores sempre

acaban caíndo

o cronista