11-5-2020

os afectos e a distancia


a unha prudente distancia
cada un das outras distante
ben distantes as nosas caras

encontros con bicos adiados   
os afectos mellor a distancia
nas rúas mellor sen abrazos

que os nosos corpos non se toquen
sen unha debida protección
que nen siquera se rocen

aparcado o calor humano
nos hospitais nas residencias
e máis afectos nos aplausos

pomos os afectos nas palabras
o teu calor humano aparcado
afectos cos acenos e as olladas


manolo pipas