02-5-2020

a pandemia e os estados


cada varios días
leo na prensa o listado
da pandemia por estados
con datos de contaxios e mortes
sen saber mui ben por qué
se cadra porque gosto da xeografía
e porque teño amigos en moitos paises

ocupan os primeiros postos da lista
os estados do chamado primeiro mundo
como na economía e nos deportes
pero cada estado ben sabemos
que conta como pode ou quere
coa inxusta vara de medir dos xuices
e que algúns fan trampas como no xogo

o listado parece dunha competición
de estados que se xogan o seu futuro
de cínicos estados que compiten
por ver quen deles dana ou mata
máis células do seu corpo

o cronista