nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
republicanista concentración
onte á tarde nas portas da antiga
prisión do franquismo
e había feixes de bandeiras
galeguistas coa estrela bermella
e bandeiras da república asasinada
e algunhas teas independentistas
algunhas comunistas e unha humanista
outra medio ecoloxista e outra saharaui...
faltaron as feministas e as anarquistas!?
pero non quen ás veces as porta
e había algunhas faixas por unha
ou outra república …
falou o vello republicano
que de neno coñeceu o gran crime...
e logo unhas consignas a propósito
pisaban a outras consignas
e movímonos pa diante e patrás
polo paseo monárquico
até a esquina da rúa republicana
e as únicas palabras de consenso
eran república e referendum
e á beira da concentración
atopei esa outra consigna da imaxe
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)