25-5-2017

as pombas e os homes



unha pequena bandada
de pombas comendo no chan
diante do panel faime pensar

as pombas que os nosos
ancestros domesticaron
para dar comida ou compaña 
ou como aves mensaxeiras
tamén sofren moito os nosos conflictos

a pomba símbolo da paz
que non pode levar esa mensaxe
que nós soñamos e quixeramos compartir

manolo pipas