21-1-2021

porcos bravos e sapiens

 


no regueiro do monte
os chamados porcos bravos
teñen un lugar especial
para embadurnarse de lama
e logo se refregan
no tronco dunha árbore

polo regueiro baixan
tristes plásticos botellas latas
trapos … da aldea dos sapiens  
deses bichos domesticados 

e no monte
cando marchamos os homos
anoitecendo os porcos bravos
baixan ou suben aos poulos
buscando algo de comida
na terra que era deles
e cando se retiran non tapan
os moitos bucacos que fan
pero os porcos bravos saben
que nós somos moito
máis porcos ca eles