31-1-2017

preso trovadora e pombas

 


debaixo da estatua
de concepción arenal
na mañá non paróu de chover
pero era unha chuvia limpa 

non como a do mal-goberno

o manifesto libera
a danza é liberadora
a poesía a canción as aves...

debaixo da estatua
de concepción arenal
o preso a trovadora
e as pombas libres

evento do colectivo os ninguéns

e a r.s.p. no cimeterio de pereiró
no nacemento da humanista

con juan moredo najla shami

e tres compas pombas