21-2-2019

rosalia en castelan



a obra en castelán de rosalía 
parece que é pouco lida
polos nacionalistas
é pouco valorada

uns dirán mágoa
que en las orillas del sar
non o escribira en galego
outras dirán que valor
que escribira cantares e follas
na nosa lingua daquela chamada
dialecto sen saber do rico
pasado medieval dela

agás a lingua o que está escrito
no libro en las orillas del sar
é tan galego coma follas e cantares 

manolo pipas