07-11-2015

vello barco de vapor de pasaxe

 

 

vello barco de vapor de viaxeiros

migrantes e fuxidas

 

           ás áureas

 

 

vello barco de vapor

sempre un xoguete dos mares

pra ti so temos cantares

entre vabor i estribor,

a proa é un soño maior

das migrantes e os fuxidos

atrás deixan o perdido

diante o mudado futuro,

novas portas novos muros

os azares e os destinos

 

vello barco de vapor

que dúas costas ben coñeces

que liña que ruta segues?

de soños fillos da dor!

a travesía é canción

debaixo do firmamento

e van poñendo os acentos

as bravas ondas salgadas,

pepiño xoga con clara

de vapor o sentimento

 

de vapor as despedidas

vello barco de pasaxe

cantas foron as viaxes?

cantas voltas prometidas?

dos migrantes das fuxidas

a proa é un soño maior

entre babor i estribor

pra ti so temos cantares,

sempre un xoguete dos mares

vello barco de vapor

 

poema recitado onte á noite

con servando e a tripulación

na cova dos ratos e as migrantes

 

manolo pipas