18-2-2016

daquel barco escoltado

 


hai un ano na fría longa noite do 18 pro 19

o secuestrado barquiño alfageme foi arrastrado

polas rúas e prazas da inxusta cidade de vigo ...

 

 

un ano da travesía

daquel barco polo asfalto

e nós dixémoslles alto

aos douscentos policías,

como era unha utopía

pasaron porriba nosa

e na querida rotonda

o barco mal colocaron,

que suba o mar so un rato

e que o arrinquen as ondas

 

un ano despois dos feitos

máis golpeados seguimos

compañeiras e amigos

reclamando os dereitos,

vai seguir o noso treito

rotonda xulgados marco...

antidisturbios do monarco

represores de pacotilla

hox non pomos a escalerilla

podedes comervos o barco 


o cronistadecoia