23-4-2010

trova de abril

a lua de abril

vai con lento paso
arrastrando sombras

de febreiro e marzo
sombra de azinheira

que na raia medras
na manhá es lusa

na tarde galega

a lua de abril

vai con lento paso
buscando grândola

e as cantigas do maio
sombra de azinheira

que nao sabes a idade
cantos anos xa van

sen cravos sen liberdade

e murchan os vermelhos

neste mes sen cantos
do velho zeca afonso

e o irman adriano
e a lua de abril

pasa con lembranzas
por grândola morena

que será liverada

lariño 98

esta letra
foi musicada e cantada
por servando barreiro