25-1-2010

a muller a illa e o deserto

a aminetu haidar

a muller e a illa
a illa e o deserto
o deserto e a muller
unha illa frente a un continente
unha pequena illa frente ao sahara
unha terra rodeada de mar
que se quere acercar ao inmenso deserto
so un momento e deixar que pase
esta inmensa muller a xuntarse cos seus fillos
a sua nai a sua familia e os seus amigos

unha muller expulsada da sua terra
o corpo debilitado
a cabeza forte
o corazon que se sae

un pobo golpeado
na sua propia terra
e en varios exilios
mais da metade dun pobo
expulsado da sua propia casa
en campos de refuxiadxs
no deserto do veciño pais
i esta muller soa
en folga de fame
no aeroporto dunha illa
un corazon que se sae

lariño

oaxaca 12-09