14-7-2010

historias do chapapote 4

 


tan perto do faro

curva tras curva
e praia a praia cabo a cabo
deixades a ria das noias e os muros
e agora fronte a vos
t o d o  o  m a r  a b e r t o

ai tedes o onnipresente faro
e preguntades para que serve
ese faro ferido pola falacia

o faro que so vos guia a vos
as que baixades a praia de bolos
con capacho paletin e utopia  

noia-muros-karnota
7-2003

.

diario de lariño

no diario de lariño
a rapaza escribe unha noite
rele o seu texto
olla cara a ningures
e segue a encher a segunda paxina
e nas ultimas liñas pregunta ao mar
porque non berrou pedindo axuda
e logo dille que quere aprender o seu idioma

deixa o diario e sae fora
para escoitar unha ducia de ondas
despidese do mar e dime
agora xa podo dormir mellor
e vaise meter no saco

lariño 11-03


historias do chapapote

sergi nunca ollara un calderon
e agora na praia de insuela diante del
agoniza a sombra deste cetaceo

dixome helena que en cantabria
limpou a plumaxe dun ave
que ainda mui debil tentaba picala
e que semellaba muito un pingüino

adolfo é un ecologista pajarero
pero o pasado inverno non se atreveu
a vir por aquí como pensaba
e agora con nos uns dias en lariño

karnota 2003

.

o arco da vella

entre lariño e lira
ou entre lira e lariño
erguiase o arco da vella
e tiña un brazo
nas rochas estragadas
e o outro na solidaria carpa
da cofradia dxs mariñeirxs

este arco da vella tiña
ten todas as cores do mar
menos a cor do alleo chapapote

karnota 8-2002

.

o calderón e o chapapote

outro cetaceo morto
unha marea deixao na praia
a seguinte devolveo ao mar
a terceira deixa ao calderón
nas priximas rochas
a poucos metros do coido
onde levamos semanas
sacando chapapote
e ao dia seguinte as ondas
moveno diante dos nosos ollos
sen saber onde o van pousar

o fedor do chapapote asasino
e o fedor ainda mais grande
do calderón asasinado

e varias semanas despois
o cetaceo duns cinco metros
foi enterrado detras nosa

naquelas datas tamen morreu
o preso gorila de pelo branco
e alguen pintou no noso muro
calderón e copito de nieve
forever

lariño 10-2003

.


bolo de lariño


limpo xa de chapapote
levome un bolo pra casa
un so e pequeniño bolo
como a tua boca calada
pero si o poño entre nos e o faro
tapa ao vixia totalmente
e que cousas mais tapará
esta pequena e redonda pedra de lariño
do mesmo tamaño da tua boca calada

o pequeno bolo de lariño
ten unhas estrañas liñas
preguntareille a man que son

-

a tartaruga


na porta da tua tenda
está unha tartaruga de plastico
que ten medo voltar ao mar
a lenta tartaruga
como para ter sempre presente
que esta é unha tarefa lenta
unha loita lenta e mui lenta

lariño 9-2003

,
.
a mexilla e o chapapote

coas nosas mans
e pequenas ferramentas
en lariño arrincamos
o chapapote das rochas
e a poucos metros outras mans
que non se atreven a ollar para nos
doutras rochas arrincan a mexilla
para levala as bateas de muros
que estarán sobre outro chapapote
que teñen embaixo nos fondos

lariño outono 03

debe seguir