21-7-2010

cronica da galiza martir

sexto poema da memoria da guerra

guerra tres anos de guerra
trintesete anos de dictadura fascista
setenta e catro anos de dor e memoria

cantos anos de terror ?
para moitos cantos anos de fame ?
para todas as persoas vencidas
cantos anos de medo e angustia ?
setenta e catro anos
de dor memoria e resistencia

as imaxes e as voces das testemuñas
encadranse entre as palabras
dos titulares do fio da narracion
e as noxentas citas dos represores
e un numero que se repete

1936


imaxes voces e palabras escritas
que se acompañan polo son da marcha
dos pasos de grupos e reximentos de asasinos
polo son das campás da culpable igrexa
polo son dun posible reloxio
que non pode medir este tempo

o exterminio do diferente
dor memoria e resistencia

noite do 20 de xullo

cronicas da galiza martir
unha pelicula de xan leira
contra o terrorismo de estado
e o xenocidio galego
presentada onte a noite en vigo
www.memoriadagaliza.com

non queremos venganza
so queremos xustiza

a memoria e a denuncia