09-4-2011

o pazo da memoria


unhas oito posibles utilidades

para darlle ao franquista pazo de meirás
que antes foi da escritora realista
doña emilia pardo bazán
e que como un insulto do rexime de feijóo
abre ao publico seis horas todos venres
os espacios pactados cos descendentes
do caudillo de españa por la gracia de dios

un
devolverllo ás persoas ou descendentes
dos que foron obrigados a pagalo
dous
entregarllo aos colectivos
verdadeiramente republicanos
tres
ofrecerlle cada habitacion
a unha persoa sen teito
catro
vender o pazo a un jeke arabe
ou a un banqueiro xudeo-yanqui
cinco
rodar nel unha serie para a tvg
e que o jalloso faga de franco
seis
derrubalo logo de derrubar todas
as formas publicas do franquismo
sete
convertir a casona na residencia
oficial do presidente a xunta
oito
facer do pazo un museo da memoria
das inxustizas e das mentiras
do que non conta a historia pois

o pazo da polemica
ou a polemica do pazo
o pazo da memoria

o cronista