23-4-2012

75 cabodano do bou eva




Este luns 23 de Abril ás 20:30h na praza

da Ribeira, Berbés, homenaxearemos
cun recital poetico e musica
ás 9 persoas mortas tralo asalto
ao Bou Eva
fai 75 anos

O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller
dispúñanse a fuxir a Francia
por mar
desde o porto de Vigo.


Foi o suicidio colectivo máis grande
da chamda da Guerra Civil, e o pobo de Vigo
continúa a descoñecer a súa tráxica historia.Eran
galeguistas, socialistas, comunistas e anarquistas.

Tras seren delatados, posiblemente
por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco,
abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron
a adega do bou, primeiro con auga fría e despois
con auga quente. Mais os tripulantes non saíron,
decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva
antes de entregárense aos falanxistas.

Este suceso foi omitido polo réxime franquista
e nulamente difundido durante a mal chamada
Transición española.

a c bou eva