06-12-2011

a constitucion e a memoria

dia da constitucion valle de los caidos



perto do escorial
nas aforas da capital do reino
o chamado valle de los caidos
segundo din alguns republicanos
o ultimo parque tematico
do fascismo en toda europa

neste mausoleo están enterrados
miles de recoñecidos fascistas
e moitos republicanos roubados
dos que non saben os seus parentes

e tamen está enterrado neste mausoleo
un so home que non caiu na guerra
que morreu de vello na sua cama
trinteseis anos despois sen pagar
sen pagar polos seus miles de crimes
el caudillo de españa por la gracia de dios

hoxe dia da constitucion
pregunto ate cando !?
ATE CANDO !?

o cronista

posdata
o derradeiro ministro do fascista dictador
que non vimos o 20 N nen nos dias despois
pediu ser enterrado no valle de los caidos
ou na cidade da cultura do gaiás !?