03-5-2015

franquistas nas letras



filgueira valverde honrado

co noso día das letras

erudito o galeguista

ten escuras papeletas

 

polo gaiteiro de lugo

tres poemas publicados

apoian o alzamento

que son seus xa demostrado

 

que o noso días das letras

nomeara a un franquista

non foi a primeira vez

que o noriega vai na lista

 

din que eran outros os tempos

isto foi polo franquismo

pero moito non cambióu

co fraguismo e feijoo-ismo

 

este filgueira valverde

manipulador da historia

que renegóu dos seus versos

el ás letras pois non honra

 

os poemas publicóunos

sermos galiza nª 140

na imaxe o homenaxeado

alcalde co dictador en 1967

mentres o réxime fascista

seguía asasinando

 

o cronista