24-4-2012

memoria do berbés e o bou eva




foi na ribeira no berbés

onde hai uns vinte tantos anos habia
un parque de terra arbustos e arbores
e columpios onde xogaban os cativos

foi no berbés á beira dos soportais
onde hai cen anos habia unha praia
ali están duas grandes fotografias
facendo daquela vida memoria

foi no que queda daquel antigo berbés
onde afastados á forza das augas desta ria
con poemas e cancions onte fixemos memoria
dos mortos e da morta do republicano bou eva

o cronista

a palabra e o verso fixeron onte
memoria con anxo angueira
silvia penas
elvira ribeiro
manolo pipas manuel de rinlo
memoria da cancion de guillerme e bastardo
e memoria de concha a filla do bou eva
setentecinco anos depois