03-3-2012

memoria do bou eva




este pequeno anaco de papel
cunhas poucas palabras escritas
unha minima folla no vento
asi é a nosa vida

bou eva vou coa memoria vou


o porto os peiraos lugares
para a partida e para a chegada
ai estes lugares tamen para a fuxida
a terra a cidade o porto os peiraos

aquel barco debia navegar
cara a buscada liberdade
o barco da necesaria fuxida
do ultimo do derradeiro soño

o bou eva vai pola vida
vai pola vida o bou eva
ai bou eva que aí ven
que ven por ti a barbarie

ai bou eva bou eva
o barco que se convertiu
nunha trampa nunha prision
nun forzado forzado suicidio

polos mortos e a morta do bou eva
estas palabras versos non esquecen
memoria antifranquista memoria
non esquecemos non esquecemos

manolo pipas

texto publicado á mañan e na noite
recitado no centro social bou eva

na imaxe tres folletos dos eventos
do ano 2006 pola memoria