04-1-2013

no castro a memoria




entre o monumento

da necesaria crónika anterior
e esta recente pedra da memoria
hai moitas árbores cheas de vida
e unhas áncoras e uns cañons
e unha fortaleza que fan
memoria da morte

entre o gran monumento
e esta austera pedra
hai case medio seculo
de inxustizas e mentiras

ai monte do castro
que foras devolto
polo ministerio da guerra
ao pobo de vigo
durante a república

ao pe da pedra
alguén deixou estes días
un ramallo co seu bo sentir
pola nosa memoria

o cronista