20-11-2015

palabras do seique

 


o retrato difuminado

o arrecendo da lareira

as contadas entre o fume

a poética do seique ...

 

a historia dunha familia

di susana que ten moitas arestas

e terá moitos ángulos e liñas

moitas percepcións paixóns

submisións reveldías e medos

e comentóu ramón nicolás

de dar voz aos silencios

 

seica houbo un golpe

unha guerra unhas mentiras

un xenocicio unha dictadura…

e a vida seguiu entre amarguras

e nós todas somos víctimas

 

o libro foi presentado en cartabón

neste cruce de camiños de tantas

memorias nos republicanos choróns

 

manolo pipas