02-6-2010

terra santa terra da violencia

ai terra santa ai terra da violencia‭

poema canto pregaria‭



ai a terra santa‭ !

terra santa para quen‭ ?



que perto e como se confunden‭

a fe e o fanatismo‭



ai terra santa o berce‭

das tres relixions monoteistas

as tres que ben rápido se uniron ao poder‭

e aos imperios dos gobernantes ou dos cartos‭



a estrela de david de seis puntas‭

o david que golpea a goliat‭

e a outros mais pequenos davides‭



a cruz dos catro pontos cardinais

submisa ao ponto de arriba‭

conquistas cruzadas e mais cruzadas‭



e a media lua filla das outras duas‭

entre o burka e as armas‭

e nen uns nen outros deixan que sexa lua chea‭



a terra prometida‭

que dende hai mais de dous mil anos‭

case so promete violencia e mais violencia‭



a terra santa terra sagrada‭

e as terras sagradas construense‭

con sacrificios rituais ou reais‭

con violencia sangue e morte‭



fundamentalismo integrismo radicalismo‭ ??

a raiz está na nai terra que non precisa‭

mais adxetivos como santa ou sagrada‭

porque unha nai xa o é todo‭ !



ai as prazas os muros e os templos‭ !!

seria mellor derrubalo todo‭

e empezar todos outra vez‭ ???



.



na terra un dia de primavera‭

dun numero de ano‭

que tampouco recoñecemos‭